>

12xuñ21:30Allo NegroCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

Allo Negro chega cunha proposta que bebe da música negra das décadas dos 40, 50 e 60, especialmente do blues e do soul. A banda nace da evolución de Mulberry Blues cara á creación de temas propios en galego, combinando referencias clásicas cunha mirada contemporánea.

Formada por Isa (voz), Ernesto e Javi (guitarras), Jorge (baixo), Ramón (batería), Glen (saxo) e Pablo (trompeta), a formación presentará un repertorio no que destacan composicións propias como Branco Algodón.

Hora

12 xuño, 2026 21:30(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events