Alimentación Onco-saudable e Cáncro de Mama
Detalles do eventos
Dentro das actividades programadas polo Día Mundial contra o Cancro de Mama, este xoves 17 de outubro ás 19.30h, O Corte Inglés de Vigo, coa
Detalles do eventos
Dentro das actividades programadas polo Día Mundial contra o Cancro de Mama, este xoves 17 de outubro ás 19.30h, O Corte Inglés de Vigo, coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro, organiza chárlaa “Alimentación Onco-saudable e Cancro de Mama”, totalmente gratuíta. Será no restaurante (7ª Planta).
A xornada correrá a cargo da Doutora Isabel Lorenzo Lorenzo, Facultativa Especialista Adxunta do Servizo de Oncoloxía Médica no Complexo Universitario Hospitalario de Vigo e está aberta a toda a poboación
As persoas que desexen asistir deben realizar a súa inscrición, ata completar aforo, no seguinte correo electrónico: eventosvigo@elcorteingles.es
Ademais, durante todo o mes de outubro levarán a cabo diversas accións especiais en todas as áreas de venda do Corte Inglés para apoiar esta causa. O importe recadado servirá para financiar o novo proxecto de investigación centrado en terapia personalizada e liderado polo doutor Julio Delgado. Un estudo que se está desenvolvendo en tres institucións españolas: o Hospital Clinic Barcelona-IDIBAPS en Barcelona, o Hospital 12 de Outubro de Madrid e a Clínica Universidade de Navarra.
Máis
Hora
17 outubro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes