Detalles do eventos
O Centro Comercial Camelias xa ten lista a súa programación especial para estas festas, unha ampla axenda de Nadal chea de propostas culturais, solidarias e
Detalles do eventos
O Centro Comercial Camelias xa ten lista a súa programación especial para estas festas, unha ampla axenda de Nadal chea de propostas culturais, solidarias e familiares que se desenvolverán entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro. Como cada ano, o centro comercial vigués aposta polo ocio para todas as idades. Todas as actividades son de balde e desde mediados de decembro ata Reis haberá stands de libros, CD’s e vinilos na planta alta.
Charlas para familias
Charla sobre alimentación complementaria e BLW, impartida por Patricia Fernández, de @bocaditosdeblw, na planta alta. A actividade conta con prazas limitadas – 13 de decembro
Visitas máxicas
- Papá Noel estará en Camelias do 19 ao 23 de decembro (de 17:30 a 19:30) e o día 24 (de 17:00 a 19:00) – Planta alta
- O Rei Baltasar visitará o centro os días 30 e 31 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro (de 17:30 a 19:30) – Planta alta
- O popular Mickey Mouse achegarase o 4 de xaneiro (de 12:00 a 13:00) – Planta baixa
Talleres infantís
- Taller de postais para hospitais – con Galiclown e Aurartium Psicologia Creativa para nenos de máis de 6 anos – 5 de decembro ás 17:30h na planta baixa – Prazas limitadas.
- Taller de bolas de neve personalizadas – con Ciudad Aventura para nenos de 5 a 12 anos – 12 de decembro ás 17:30h na planta baixa – Prazas limitadas
- Taller de figuras de Nadal – con Ciudad Aventura para nenos de 5 a 12 anos – 27 de decembro ás 17:00h na planta baixa – Prazas limitadas
- Taller de piñatas – con Ciudad Aventura para nenos de 5 a 12 anos – 29 de decembro ás 17:00h na planta baixa – Prazas limitadas
- Taller de decoración de galletas – con Ciudad Aventura para nenos de 5 a 12 anos – 3 de xaneiro ás 12:00h na planta baixa – Prazas limitadas
- Taller de bandexas para Reis – con Ciudad Aventura para nenos de 5 a 12 anos – 5 de xaneiro ás 12:00h na planta baixa – Prazas limitadas
Actividades para familias
- Contacontos Apalpadora – con Rita Doallo para nenos de máis de 4 anos – 7 de decembro ás 12:00h na planta baixa.
- Contacontos: Carta de Nadal – con Donde viven los cuentos para nenos de 3 a 8 anos – 14 de decembro ás 17:00h na planta baixa.
- Navigymcana – con Aurartium Psicologia Creativa para mozos de 13 a 18 anos – 22 de decembro ás 17:00h na planta baixa – Prazas limitadas.
- Show de maxia – con Jorge Lorenzo – 26 de decembro ás 17:00h na planta alta.
- Títeres Operación Plancton – con Títeres na túa casa para nenos de máis de 3 anos – 28 de decembro ás 17:00h na planta baixa.
- Festa infantil de Fin de Ano – organizada polo Centro Comercial Camelias – 31 de decembro ás 11:30h na planta alta.
Actividades para adultos
- Encontro literario: Voces en Camelias – con Mav Alonso e Mayte Corbillón – 12 de decembro ás 18:30h na planta alta.
- Taller de maquillaxe de festa – con Alicia Gil – 20 de decembro ás 17:30h na planta baixa.
Hora
13 decembro, 2025 17:00(GMT+01:00)
Localización
Centro Comercial Camelias
Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra



