
07abr22:00Algo pasa con MeryCONCERTOS | De balde22:00 Cañaveral
Detalles do eventos
Adrián Vicente e Mery Aguete son dous músicos cunha traxectoria de máis de 10 anos neste proxecto, que titulan Algo pasa con Mery. Un dúo versátil con paixón
Algo pasa con Mery
Adrián Vicente e Mery Aguete son dous músicos cunha traxectoria de máis de 10 anos neste proxecto, que titulan Algo pasa con Mery. Un dúo versátil con paixón pola música. Ofrecen a amenización de todo tipo de eventos, contando cunha infraestrutura musical adecuada ao nivel de cada celebración (técnico e equipo de son e iluminación).
Contan con cancións de todos os estilos, para todos os públicos e de todas as épocas. Desde Manolo García ata Loquillo ou Alaska, pasando polas rumbas de Melendi, Gloria Estefan ou Ricky Martin, e as bandas sonoras de películas ou series. Ademais, tamén vos ofrecen cancións de folk, como Celtas Cortos, Luar na lubre ou The Corrs, ou clásicos e modernos da festa española.
Venres 7 ás 22h en Cañaveral.
Máis

(Venres) 22:00
Cañaveral
Praza Porta do Sol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra