>

23xul19:30Alfonso Medela Trío ofrece un concerto de clausura en Galerías DuránCONCERTOS | De balde19:30(GMT+02:00) Galerías Durán

Detalles do eventos

O Vitruvia Café muda puntualmente de espazo para organizar un concerto de Alfonso Medela Trío nas Galerías Durán, celebrado o mércores 23 de xullo ás 19;30 h. O evento enmárcase dentro da iniciativa de Espacio Beny, Art Vigo, que despide as Galerías antes da súa clausura con exposicións artísticas durante o mes de xullo.

O jazz únese á pintura e á escultura nun concerto cunha atmósfera que simboliza o carácter efémero da arte na sociedade actual. Reivindícase a resistencia da mesma nas cidades, así como a necesidade de apoiar aos artistas locais. Alfonso Medela ao piano, Oscar Rodríguez ao contrabaixo e L.A.R. Legido á batería son os encargados de aportar o swing ao evento. Trátase dun xesto de compromiso coa sensibilidade dun público que elixe deterse a apreciar as expresións artísticas nun mundo veloz.

Neste caso, unha empresa enerxética tomará o relevo destas instalacións na Rúa do Príncipe. Con todo, non son as únicas galerías comerciais que atravesan unha crise na cidade olívica. Para coñecer máis sobre o tema pódese consultar o noso artigo.

Hora

23 xullo, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Galerías Durán

Rúa do Príncipe, 51, Local 12, Santiago de Vigo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events