23xul11:00ALFONSO GALVÁN + APERTURA DUNHA NOVA SALAARTE E MUSEOS | De balde11:00(GMT+02:00) MARCO
Detalles do eventos
Con motivo da publicación do catálogo da exposición Alfonso Galván. 1975 – 2025, o MARCO organiza un encontro no que o seu autor, Alfonso Galván,
Detalles do eventos
Con motivo da publicación do catálogo da exposición Alfonso Galván. 1975 – 2025, o MARCO organiza un encontro no que o seu autor, Alfonso Galván, ofrecerá un percorrido guiado pola mesma. A maiores, Miguel Fernández-Cid (director do MARCO) e Gorka Gómez (concelleiro delegado Área de Cultura) presentan unha nova sala destinada ás publicacións do propio museo.
Alfonso Galván (Madrid, 1945) é un artista en extremo persoal, creador dun mundo marcado pola síntese entre o rigor da súa entrega, o coñecemento do que quere contar, o dominio de como contalo e unha fantasía desbordante. A pintura non pretende representar unha escena senón mostrarnos a súa paisaxe, a súa historia, a súa memoria, os seus ecos. A súa obra inicial ten un forte contido social, para proseguir con imaxes dunha natureza onírica, na que se mesturan as referencias culturais, os símbolos, os xogos. A mostra, que non ten un sentido cronolóxico estrito, establece dúas atmosferas: unha dominada pola presenza de animais en escenas densas, pechadas, de forte contido ficcional; outro en aparencia máis lírico, con paisaxes abertas e referencias orientalistas, con inclusión de textos en chinés, en especial do Daodejing, que Alfonso Galván traduciu, ilustrou e caligrafou.
Desde o mércores, 23 de xullo, os visitantes e usuarios do MARCO contarán cun novo espazo aberto ao público no vestíbulo principal, onde estaba a antiga libraría. Trátase dunha sala equipada con mesas, cadeiras, expositores e exemplares de todos os catálogos e publicacións do museo (desde a súa inauguración en 2002 ata a actualidade), na que se poderán realizar consultas libremente.
Hora
23 xullo, 2025 11:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

