CANS

08mai21:00Abril + LontrasCONCERTOS | DESDE 15,00 € 21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Medrar é o primeiro traballo de estudo do dúo ABRIL, composto por Claudia Abril e Marina Carpente. O disco xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais, abrindo as portas dun universo onde a música de raíz se expande con novas texturas e unha mirada actual.

Medrar preséntase como algo máis ca un título: funciona como unha declaración de intencións arredor da evolución e do coidado. O álbum desenvólvese a través de nove composicións: Marañas, Arredor da mesa, Abrir os ollos, Dices, dices, Escribíache unha carta (ft. Lontras), Nas horas avelaíñas, As cores d’Abril, 2caras e (Outro) tempo.

As pezas beben de fontes orais e arquivos fundamentais da tradición galega, desde melodías de Caroi (Cotobade) e Toutón (Mondariz) ata o legado de Florencio dos Vilares (Fonsagrada) ou o canto de “Teresa dos Cucos” (Malpica). Esta materia prima transfórmase nas mans de ABRIL en creacións que dialogan coa actualidade grazas a letras orixinais e á produción de Zalo Rodríguez, xunto coa mestura de Hevi (Laboratorio Soyuz). O resultado complétase coa colaboración de músicos como Juan Arca (Lontras), Joana Gumí, Sunil López ou Hugo Franco, dando lugar a un equilibrio hipnótico no que a pandeireta e o violín conviven de maneira orgánica con elementos electrónicos e vangardistas.

O disco preséntase tamén como unha celebración do facer compartido. A narrativa visual, articulada arredor da idea da cabana como refuxio, foi creada por Marte Martinka e Miguel Méndez (Fotomatong), coa escenografía de Laura Iturralde e Coti Faro, e o deseño gráfico de Sara Castro. O traballo foi desenvolvido de maneira pausada entre o estudio de Xustáns e o Pazo de Mariñán (Residencias da Deputación da Coruña), e desde ese momento pasa a pertencer ao público.

Entradas

Hora

8 maio, 2026 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events