xaneiro, 2020

05xan23:59Alberto Cunha especial Noite de ReisCONCERTOS | 8,00€23:59 La Pecera

Máis

Detalles do evento

Hora comezo: 00:30h
Grazas á súa prodixiosa e ben adestrada voz, este artista é capaz de sacar ao escenario multitude de voces diferentes, imitando a grandes artistas de onte, hoxe e sempre.
Tambien canta co seu propio estilo temas de moi variadas tesituras e ritmos, clásicos, pop, rockeiros, baladas, etc… interpretando algúns en italiano, francés, inglés ou portugués…
Algunhas das súas imitacións son tan extraordinarias que fixeron dubidar ao público da posibilidade de que fose “play- back” total o que nese momento estaban a escoitar. Por iso é frecuente que o artista deleite con algún que outro tema “a  capella“ para demostrar que a súa voz é en rigoroso directo.
Recibidas con asombro polo público son as súas imitacións, como as de: Louis Armstrong, Dyango e Pimpinela (cambiando de rexistro e logrando as tres voces), Elvis Presley,  Roy Orbison, Queen, Julio Iglesias, Raphael, Joan Manuel  Serrat, etc.
Así ata moitos outros, e mesmo personaxes da contorna televisiva ou de actualidade tampouco se libran do seu fino sentido do humor…
En definitiva, é un show que mestura a música coas imitacións e o humor, un espectáculo variado e cheo de sorpresas que promete non deixar indiferente a ninguén.
Un só artista sobre o escenario que se desdobra en multitude de interpretacións cheas de alegría e bo facer. Músico, compositor, cantante, actor, humorista, imitador, presentador…
Entrada: 8€ con copa

Hora

(Domingo) 23:59

Lugar

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

X