Detalles do eventos
O humorista e cantante vigués Alberto Cunha estreará o seu espectáculo 35 anos e c@ntando o vindeiro 13 de decembro ás 20:30 horas no auditorio do Concello de
Detalles do eventos
O humorista e cantante vigués Alberto Cunha estreará o seu espectáculo 35 anos e c@ntando o vindeiro 13 de decembro ás 20:30 horas no auditorio do Concello de Vigo. A metade da recadación será destinada á Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, en apoio ao seu labor contra a pobreza e a exclusión social.
As entradas solidarias teñen un prezo de 12 euros e poden adquirirse na tenda Elepé de Vigo (Rúa Doutor Cadabal, 35), así como na taquilla física da Praza do Rei o mesmo día do evento. O espectáculo solidario “35 anos e c@ntando” doará o 50% da recadación ao Banco de Alimentos de Vigo
Desde o Banco de Alimentos agradecen a iniciativa do artista, sinalando que o importe recadado se destinará integramente á compra de alimentos de primeira necesidade para as máis de 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade atendidas na provincia de Pontevedra.
O espectáculo ofrece un percorrido pola traxectoria de máis de tres décadas de Cunha, combinando música, humor e teatro nun formato individual e próximo ao público.
Hora
13 novembro, 2025 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra



