RevistaNadal

marzo, 2022

12mar21:00Albert PlaCONCERTOS | Desde 16,00€21:00 Mar de Vigo

Detalles do eventos

Albert Pla proponnos nestá ocasión unha viaxe íntima e moi persoal, desde a infancia ata máis alá da sepultura, polas sensacións, as emocións e os sentimentos que nos produce esa pantasma que vive na nosa mente alimentado polos nosos pensamentos, o medo.

“Canta, canta, no dejes de cantar Si dejas de cantar te morirás”

No escenario, faise un repaso, en ton irónico, dos medos de sempre,os temores habituais, o medo a un mesmo, as pantasmas que nos asedian,o terror á morte… Unha tras outra vanse debullando as cancións como unha maneira de espantar ou enfrontar os propios medos. E finalmente, a catarse da risa, a liberación.

“Desde que sé que estoy muerto Ya nunca me pongo enfermo”

Teatro musical, concerto ou recital teatralizado. Neste novo proxecto abundamos na utilización de música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas para crear un espectáculo multimedia de poética sorprendente.

Máis

X