16out19:00'Agotadas — The Experience'ESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) A Morada
Detalles do eventos
Alba Cobo habita o mundo a través da arte e das palabras. Agora presenta Agotadas, o seu primeiro libro: un ensaio feminista sobre o cansancio estrutural das mulleres e
Detalles do eventos
Alba Cobo habita o mundo a través da arte e das palabras. Agora presenta Agotadas, o seu primeiro libro: un ensaio feminista sobre o cansancio estrutural das mulleres e o descanso coma un acto político e de resistencia.
A partir desta obra nace Agotadas — The Experience, unha proposta inmersiva que transforma a lectura nunha vivencia artística, corporal e colectiva. A súa intención é crear un espazo íntimo e transformador onde o público poida explorar as palabras e a arte como ferramentas de expresión e coidado, e sentir o descanso e o coidado comunitario como un xesto político e poético ao mesmo tempo.
Durante 2 horas, a experiencia incluirá:
- Espazo de descanso e coidados colectivos
- Lectura compartida dun capítulo con conversa guiada
- Práctica corporal e de escoita polo universo visual de Agotadas
- Creación do Fanzine do Descanso
Ademais, a experiencia estará acompañada pola colección artística de ‘Agotadas’: unha serie de ilustracións e instalacións sensoriais creadas para expandir o universo visual do libro.
Data: 16/10/2025
Hora: 19:00 h
Prezo: de balde
Hora
16 outubro, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



