Agosto na Ría: Los Wavy Gravies – A Movida

agosto, 2018

17ago20:00Agosto na Ría: Los Wavy GraviesMÚSICA E GASTRO | Desde 40,00€20:00 Peirao do Náutico

Máis

Detalles do evento

Cuarta edición do festival musical “Agosto na ría. Marqués de Vizhoja“. Xa vén sendo habitual que a ría se encha de música durante o mes de agosto.
Organizado pola firma especializada en turismo mariñeiro Bluscus, patrocinado por Marqués de Vizhoja e coas colaboracions O Percebeiro, Dalmard Marine, DOT Galicia, Vigo Convention Bureau e Instituto Camoes.

Durante 8 noites (desde o 3 ata o 31 de agosto), a ría de Vigo acollerá actuacións musicais e degustación de produtos galegos.
Como sempre unha goleta centenaria servirá de escenario flotante para acoller un espectáculo musical, gozando da navegación pola ría de Vigo.

A posta de sol, o mar e a música seguirán sendo os protagonistas.

Os asistentes gozarán do mellor produto galego, navallas, mexillóns e empanadas tradicionais.
Para acompañar, viño branco Marqués de Vizhoja. O Percebeiro achegará o mellor do noso mar, e Iñaki Bretal será o encargado da súa preparación.

Todos os concertos terán saída desde o porto Náutico de Vigo (onde se embarca para ir a Cíes), os días 3, 10,11, 17, 18, 24, 25 e 31 de agosto ás 20:00 horas.

Despois da gran acollida, vendéndose todas as entradas nas tres edicións anteriores, 2018 convértese novamente nunha convocatoria internacional.

As bandas que actuarán combínanse para crear unha selección musical que pasa polo folk, soul, indie ou rock ou a canción de autor.

Programación por días:

Edu Calvario: 3 de agosto -> Folk Americano / Rock
Ghost Beast: 10 de agosto -> Art-pop
Juan Zelada: 11 de agosto -> Soul
Los Wavy Gravies: 17 de agosto -> Rock’n’Roll, Surf
Breakin Bones: 18 de agosto -> Rockabilly / Psychobilly
A Singer of Songs: 24 de agosto -> Folk, indie folk, lo-fi
Su Garrido : 25 de agosto -> Cantautora, bossa, tradicional, jazz
Senza: 31 de agosto -> Fusión Lusófona

– Ata o 10 de xullo as entradas poderán adquirirse a 40 euros. A partir desa data o prezo será de 45 euros.

– Os 50 primeiros tickets terán 15% de desconto en toda a tenda online de Ou Percebeiro (3 meses de validez)

– O embarque será desde o mesmo pantalán de embarque a Cíes, no porto náutico de Vigo.

Unha experiencia única para gozar cos 5 sentidos.

Hora

(Venres) 20:00

Lugar

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

X