REVISTA ABRIL

'Age of iron'

03abr19:30'Age of iron'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Última sesión de cine DOCUMENTAL + FALADOIRO na Sala Rebullón, será este domingo 3 de abril ás 19.30 h

Age of Iron leva aos espectadores de viaxe por Asia nunha crítica poética do capitalismo mundial, diseccionando polo camiño os subprodutos inherentes ao sistema: a explotación das masas nos países en vías de desenvolvemento do Sur e a alienación das masas nos países acomodados do Norte.

No Xapón, unha parella de traballadores estresados xa non ten sexo. En Birmania, os bosques ancestrais convertíronse agora en plantacións de caucho. En Camboxa, Cristo ondula sobre un lago que desaparece. Na China Occidental, os uigures están a ser colonizados. En Mongolia, o deserto de Gobi esténdese mentres o destrúen para extraer carbón. En Bangladesh esquécense de Tagore. Na Asia central, os ríos sécanse. En Afganistán, a guerra non remata nunca. Na India, Buda morreu. ¿Están conectados os males da Idade do Ferro? ¿Existe unha saída? ¿Onde se atopa o Reino da Esperanza? ¿Nun pesadelo ou nun soño?

Davoud Gerami é un cineasta e artista visual cun mestrado en Medios Documentais pola Universidade Ryerson de Toronto. A súa experiencia traballando no sector cinematográfico esténdese durante dous decenios e o levou de viaxe polos catro cantos do planeta. Davoud céntrase nos efectos secundarios dunha sociedade clasista: o conflito de clases, os abusos dos dereitos humanos e laborais, e a degradación do medio ambiente.

Máis

Hora

(Domingo) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events