bannerConfinarte
bannerSGPL

abril, 2020

08abr12:00#AfundaciónEnCasa: Claves para a xestión das emociónsACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 12:00

Máis

Detalles do evento

O psicólogo e profesor Rafael Guerreiro, o mércores 8 de abril, ás 12.00 h e ata as 12.40 h, aproximadamente, unha sesión dirixida a nais, pais e docentes para axudarlles a colaborar coas nenas e nenos á hora de xestionaren dun
xeito saudable as súas emocións, especialmente en momentos tan excepcionais coma
este. «Claves para a xestión das emocións» é o título desta nova proposta da Obra
Social de ABANCA que se poderá seguir desde aquí e que se enmarca no programa de
conferencias e charlas de Afundación, «Educación século XXI».
Rafael Guerreiro é doutor en Ciencias da Educación. Licenciado en Psicoloxía Clínica e
da Saúde pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), imparte clases na
Facultade de Educación desta institución, no Centro Universitario Cardeal Cisneros
pertencente á Universidade de Alcalá de Henares (UAH), e na Universidad Rey Juan
Carlos (URJC). É experto en trastorno por déficit de atención con hiperactividade
(TDAH), trastornos da aprendizaxe e trastornos da conduta (Fundación ADANA). No
seu labor divulgativo, é colaborador do xornal El País e habitual relator en congresos
nacionais e internacionais. Ademais, é formador de profesores e pais en numerosos
colexios e centros educativos de España.

Hora

(Mércores) 12:00

X