bannerConfinarte
bannerSGPL

abril, 2020

19abrallday#AfundaciónEnCasa: Cantemos xuntosPEQUERRECHOS | De balde(Todo o día: domingo)

Máis

Detalles do evento

O proxecto Cantemos xuntos, impulsado pola música e cantante profesional Esperanza Mara, ten como obxectivo divulgar a música clásica e a tradición oral popular entre o público infantil.
Este obradoiro lúdico musical estrutúrase ao redor de conceptos básicos da linguaxe
musical e a interpretación vocal. Dirixido a un público familiar, para que adultos e
nenas e nenos gocen aprendendo, terá un carácter interactivo e incluirá tamén
obradoiros audiovisuais e concertos de pequeno formato. Dirixido e protagonizado por
Esperanza Mara, cantante, violonchelista, profesora e monitora de musicoterapia,
poderase seguir en directo en Afundación en casa os luns e os venres ás 17.00 h.
Mañá, domingo 19 de abril, culminará o programa cun concerto final.

Afundación en casa é o novo portal web de acceso libre e gratuíto, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios.

Hora

Todo o día (Domingo)

X