VIALIA
bannerPicnicSesions

Afinidades Selectivas: carótidas e coronarias

24mar(mar 24)18:0009mai(mai 9)21:30Afinidades Selectivas: carótidas e coronariasARTE E MUSEOS | De balde(marzo 24) 18:00 - (maio 9) 21:30(GMT+01:00) Casa Galega da Cultura

Detalles do eventos

A sala de exposicións da planta baixa da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) acollerá ata o próximo 9 de maio a doceava exposición Afinidades Selectivas, que nesta edición leva como subtítulo carótidas e coronarias, unha referencia ás dúas formas de entender a creación artística: co corazón ou co cerebro. Esta dualidade é patente tamén no feito de que as obras expostas son un compendio de traballos realizados polos alumnos/as e docentes da facultade de Belas Artes de Pontevedra, centro pertencente á Universidade de Vigo.

Unha boa forma de mostrar e partillar coa cidadanía no que se fai nas aulas e nos proxectos de investigación, unha das máximas desta universidade. Nesta XII edición participan Ruth Vidal, María Silva, Mar Román Soriano, Suso Fandiño, Araceli Liste, Julia Huete, José Chavete e o conxunto Rapapawn, formado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña. Unha mostra ecléctica e variada comisariada por Juan Carlos Román Redondo, que mostra a infinidade de camiños que desde a universidade toma a arte e o sentir de nove artistas inseridos en oito proxectos.

Xa son 12 anos de colaboración entre o Concello e a UVigo neste proxecto expositivo que, en palabras de Natalia Caparrini, vicereitora de Captación do Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, trátase dunha “maridaxe perfecta entre profesorado e alumnado”.

De luns a venres: 18h a 21:30 h

Máis

Hora

Marzo 24 (Mércores) 18:00 - Maio 9 (Domingo) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

Other Events