REVISTA ABRIL

Adrian Timms concerto solidario

27nov12:30Adrian Timms concerto solidarioCONCERTOS | 5,00€12:30(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple vén organizando desde hai 8 anos esta proba deportiva, que consta de varias modalidades: 5km, 10km ou andaina. Por motivos de sobra coñecidos, este ano a carreira pasouse á modalidade en liña, é dicir, que cada un pode facer os quilómetros onde e cando queira ata este domingo 29. Como aínda estás a tempo de anotarte, podes facelo aquí.

Xa sabiamos que Adrian Timms, o músico británico afincado en Vigo, era unha persoa solidaria cando o vimos actuar diante das salas de concertos pechadas. Agora súmase a esta proba deportiva realizando un concerto en movemento polas rúas da cidade, que retransmitirá en streaming o venres 27 ás 12:30 na súa conta de Instagram (@adrian_timms).

Partirá da sede da asociación, situada na rúa Camilo Veiga, desde alí dirixirase cara á alameda Suárez Chairos de Bouzas, onde tradicionalmente sitúase a saída e a meta da carreira que organiza AVEMPO e que este ano adaptou a unha modalidade virtual. Como reto solidario, o artista completará os cinco quilómetros da andaina polo paseo de Bouzas ata Samil guitarra en man e lucindo a camiseta oficial do evento, que os participantes poden adquirir coa súa inscrición.

Máis

Hora

(Venres) 12:30(GMT+01:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!