
'ADRIÁN PEREIRO. UN CHELO, CATRO HISTORIAS'
Detalles do eventos
O mestre Xaime Rivas, presenta Adrián Pereiro. Un chelo, catro historias na biblioteca da EMAO. Adrián Pereiro toma contacto co mundo da luthería de xeito
Detalles do eventos
O mestre Xaime Rivas, presenta Adrián Pereiro. Un chelo, catro historias na biblioteca da EMAO.
Adrián Pereiro toma contacto co mundo da luthería de xeito autodidacta. Cun proxecto arriscado e máis ilusión que maña, tenta a construción dunha zanfona. Descoñecemos cal foi o resultado daquela empresa, pero serviulle para que no seu interior rebulise o becho e a inquietude de construír instrumentos. Formado inicialmente na EMAO, continúa a súa aprendizaxe na escola vasca de luthería BELE asistindo ao mesmo tempo a diferentes cursos impartidos por mestres de referencia internacional. Completa a súa formación en Chipre co mestre Stepan Soultanian. Actualmente ten o seu obradoiro na Coruña, onde proporciona un servizo profesional, cálido e próximo a instrumentistas de corda fretada.
Un chelo, catro historias nace co obxectivo de poñer en valor unha serie de proxectos vencellados á cultura, á artesanía e ao rural, elaborando un violonchelo con madeiras de cada unha das catro provincias galegas. Detrás de cada táboa, unha historia, cos seus protagonistas, e co luthier e o seu traballo artesán como elemento conector desas historias. O proxecto tamén busca acadar información de carácter físico-acústico do instrumento para, de ser posible, abrir unha porta ao emprego de materia prima local na elaboración de instrumentos de corda fretada.
Máis
Hora
21 febreiro, 2025 19:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
- Mes actual