Detalles do eventos
Conferencia no Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo9 de outubro | 19:00 h O Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo acollerá o
Detalles do eventos
Conferencia no Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo
9 de outubro | 19:00 h
O Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo acollerá o vindeiro 9 de outubro, ás 19:00 horas, a conferencia de Joana Videira, titulada:
“Adília Lopes e a cartografía do escándalo: transgresións da xeografía amorosa na reescrita das Cartas Portuguesas”.
A sesión desenvólvese no marco do III Coloquio de Estudos Literarios, organizado polo Programa de Doutoramento en Estudos Literarios, o BiFeGa e o CJS, e estará moderada por Burghard Baltrusch.
Sobre a conferencia:
Partindo do texto das Cartas Portuguesas e da figura de Mariana Alcoforado, Joana Videira analiza dúas obras de Adília Lopes — O Marquês de Chamilly (1987) e O Regresso de Chamilly (2000). Nestes libros, a poeta recrea o territorio afectivo-amoroso de Alcoforado, transformándoo nun espazo poético de reapropiación, transgresión e manifestación da potencia amorosa.
A través do dispositivo literario da carta, Adília Lopes explora as tensións entre recato e escándalo, desexo e contención, para desterritorializar os límites da práctica amorosa tradicional. A súa escrita dá forma a un espazo imprevisíbel e excesivo, onde o amor se afirma como enerxía revolucionaria e escandalosa.
Na proposta poética da autora, a carta convértese nun mapa do desexo — obsesivo, obstinado, transgresor. O corpo de Mariana, como territorio simbólico, represéntase como espazo de exposición e potencia, onde o recato é simultaneamente performado e implosionado, revelando así a verdadeira forza subversiva do amor.
Nota biobibliográfica
Joana Videira é doutora en Estudos Lingüísticos, Literarios e Culturais pola Universidade de Barcelona, onde desenvolveu unha tese galardoada co Premio Extraordinario de Doutoramento. Na actualidade realiza un pós-doutoramento na Universidade Nova de Lisboa, centrado nas xeografías afectivas e na dimensión política, transgresora e transformadora do amor na literatura contemporánea.
Hora
9 outubro, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Instituto Camões
Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



