04abr20:30Acústicos Gran ReservaCONCERTOS | 10,00€20:30(GMT+02:00) La Pecera
Detalles do eventos
Alfredo García, guitarrista e fundador de Buenas Noches Rose, dos que foi vocalista durante a súa última época. Posteriormente vocalista, compositor e guitarrista de Le
Detalles do eventos
Alfredo García, guitarrista e fundador de Buenas Noches Rose, dos que foi vocalista durante a súa última época. Posteriormente vocalista, compositor e guitarrista de Le Punk. Tras a disolución destes, comeza unha andaina en solitario baixo o seu alcume “Alfa” que, tras unha serie de Ep’s, acaba abandonando en favor do seu auténtico nome. Xa como Alfredo García editou dous Lp’s e tres libros.
Óscar Avendaño, actual frontman de The Bo Derek’s, foi o baixista de Siniestro Total durante máis de dúas décadas, compaxinando o seu posto co de guitarrista, baixista ou vocalista en diversas bandas durante ese tempo. Conta con 6 discos en solitario aos que habería que sumar 3 máis co seu actual proxecto e varias bandas sonoras.
Dogo foi vocalista do mítico grupo sevillano Dogo e Los Mercenarios, quen foi convidados polo mismísimo Iggy Pop para abrir os seus concertos durante as 8 datas da xira que este realizou pola península durante 1991. Disolvéronse no 92, deixando tras de se tres discos de auténtico culto. A partir de 2018 Dogo volve aos escenarios, acompañándose dunha nova banda onde conta con membros de Sr. No, Kurt Baker Combo ou Paul Collin’s Beat.
Por último, Los Hermanitos son un dúo compostelán formado por Jorge e Josemi Armesto, veteranos en mil batallas e que xeralmente actúan en formato acústico.
Hora
4 abril, 2024 20:30(GMT+02:00)
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
abril


