CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Actuacións polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas

20xuñ18:3023:59Actuacións polo Día Mundial das Persoas RefuxiadasESPECTÁCULOS | De balde18:30 - 23:59(GMT+02:00) Praza de Portugal

Detalles do eventos

Este xoves 20 de xuño é o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, e desde Accem organizan tres actividades ao longo de dúas xornadas para sensibilizar, a través da cultura, á cidadanía sobre un dos grandes problemas sociais a nivel mundial.

Martes 18 – Ás 19:00 nos Cines Yelmo de TravesíaDe balde con inscrición previa.

O ciclo “Refugiados en el cine” trasládase ata Vigo para proxectar a película «De repente, el paraíso». Esta cinta mostra tanto a beleza de Palestina como as crueis e insensatas tácticas de intimidación que o mundo occidental utiliza contra o pobo palestino.

Xoves 20 – Ás 11:00 no Edificio Redeiras – De balde

Polo día mundial das persoas refuxiadas, relatoras de Colombia, Venezuela, Perú, Sahara Occidental, Ucraína e Guinea Conakry dialogarán sobre migración e refuxio, poñendo o foco na protección internacional. De balde.

Xoves 20 – Desde ás 18:30 na Praza de Portugal e ás 20:30 en La Fábrica de Chocolate – Caixa inversa

O Festival RefuFest é unha das actividades organizadas por Accem para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, este 20 de xuño. Grazas á colaboración e a mentoría de artistas invitados, as persoas con dotes artísticas atendidas pola nosa entidade participan nunha gala  chea de multiculturalidade. Poderemos ver a artistas coma Maxia na Manga, Canta Mañás, unha batucada por Bloco Aperta, Charanga Excombro, Rukan Rockblues, DJ Rapante ou Alberto Cunha. Chegarán con grandes sorpresas. Caixa inversa.

Máis

Hora

20 xuño, 2024 18:30 - 23:59(GMT+02:00)

Localización

Praza de Portugal

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events