ACTO CONMEMORATIVO XUNTO AO MONUMENTO AO PÁRKINSON

28abr11:30ACTO CONMEMORATIVO XUNTO AO MONUMENTO AO PÁRKINSONACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:30(GMT+02:00) Praza da Estrela

Detalles do eventos

A Asociación Párkinson de Vigo (Apar) celebra, o 11 de abril, o Día Mundial do Párkinson ao longo de todo o mes con numerosas actividades e eventos co fin de visibilizar a devandita enfermidade. Ademais, súmase ao obxectivo da Federación Española de Párkinson que coa súa campaña, baixo o hashtag #Damemitiempo pretende sensibilizar á sociedade sobre como afectan os síntomas do párkinson ás relacións sociais e, doutra banda, achegar ferramentas sobre que podemos facer como sociedade para mellorar a calidade de vida e as relacións sociais das persoas con párkinson.
Con esa intención, o concepto creativo refórzase co lema ‘Por unhas relacións sociais que respecten os tempos das persoas con párkinson’.

Para iso, a Asociación Párkinson Vigo comezará coas súas iniciativas o 4 de abril cunha caseta na rúa do Calvario, preto do mercado, e unha caseta en Príncipe, fronte ao Marco, onde profesionais, pacientes e familiares da entidade ofrecerán
información durante todo o día.

A esta iniciativa seguiranlles outra xornada informativa en Príncipe, fronte ao Marco, e no barrio do Calvario, fronte ao mercado, o 11 de abril -coincidindo co Día Mundial do Párkinson- de 9.30 a 13.30h con stands na rúa, unha actividade especial de estimulacióncognitiva inspirada nun escape room – o 13 de abril- de 16h a 20h, no Centro Sociocomunitario do Calvario, e unhas Xornadas de Portas Abertas -o 19 de abril- a partir das 16h nas instalacións da Asociación.

Ademais, entre as actividades programadas atópase a Xornada do Mes do Párkinson do 27 de abril, ás 17.00h no auditorio do Concello de Vigo, un acto no que o Doutor Diego Santos -neurólogo Especialista en trastornos do movemento e enfermidades neurodegenerativas no Hospital San Rafael, A Coruña- xunto a Laura Iglesias, psicóloga na Asociación de Parkinson Vigo, serán os relatores da conferencia.

E como broche final, o día 28 de abril, ás 11.30h, realizarase un acto conmemorativo -fronte ao monumento do Párkinson, na Praza da Estrela- polas persoas que loitan e loitaron contra a enfermidade.

Máis

Hora

(Venres) 11:30(GMT+02:00)

Localización

Praza da Estrela

Plaza Estrela, Vigo, Pontevedra

Other Events