REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

16mar16:3018:30Actividades Vigo NaturePEQUERRECHOS | -16:30 - 18:30(GMT+01:00) Vigo Nature

Detalles do eventos

SÁBADO

16:30 PLANETARIO: O SISTEMA SOLAR

Consitirá nunha pequena charla para dar a coñecer os misterios do noso sistema solar e nunha proxección no noso renovado planetario onde poderás viaxar de forma virtual aos distintos planetas que o conforman.
[+7 anos]

A PEGADA DO TEMPO

Coñeceremos o mundo da paleontoloxía e faremos unha pequena escavación na procura de distintos fósiles de fauna e flora do pasado.
[+6 anos]

17:30 O CEO NOCTURNO

Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía.
[+6 anos]

BOMBAS DE SEMENTE ‘NENGO DANDO’

Obradoiro no que elaboraremos unhas bolas recheas de sementes, elaboradas con distintos materiais, que despois poderemos lanzar en diferentes terreos para que estoupen xerminando.

18:30 O MUNDO DOS RÉPTILES

Obradoiro onde se manexarán animais vivos e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.
[+6 anos]

BIODETECTIVES NA HORTA

Obradoiro no que faremos de detectives e coa nosa lupa electrónica localizaremos diferentes animaliños para identificalos e indagar cal é o seu cometido dentro da horta, así como curiosidades dos mesmos cando se poñen en acción.

DOMINGO

16:30 e 17:30 COÑECE AOS NOSOS SAURIOS

Atrévete a asistir a esta actividade de longa duración onde construiremos un “legosaurio” robótico e coñecerás aos saurios do noso exotarium, a súa problemática e a estreita relación cos lagartos galegos. Esta actividade está enfocada a dar a coñecer e por en valor aos lagartos, que son réptiles do mesmo xeito que as tartarugas, as cobras, ou os crocodilos. O seu tamaño varía desde uns poucos centímetros como as lagartas caseiras, ata grandes lonxitudes como o dragón de Komodo, que supera os 2 metros de longo. Case todos posúen 5 dedos, pero hainos con 4 e mesmo sen extremidades, como as cobras. A súa pel escamosa é seca e resistente, para darlles protección.
[+6 anos]

16:30 PLANETARIO: O SISTEMA SOLAR

Consitirá nunha pequena charla para dar a coñecer os misterios do noso sistema solar e nunha proxección no noso renovado planetario onde poderás viaxar de forma virtual aos distintos planetas que o conforman.
[+7 anos]

17:30 O CEO NOCTURNO

Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía.
[+6 anos]

18:30 O MUNDO DOS ARTRÓPODOs

Poderás tocar e coñecer de primeira mán a varias especies deste grupo tan interesante de animais: insectos pau, cascudas, escaravellos, bolboretas, milpés, escorpións e tarántulas.
[+6 anos]

18:30 ENRIQUECEMENTO LÉMURES

Neste obradoiro de enriquecemento nos axudarás a elaborar varios tipos de xoguetes alimenticios para os lémures, unha especie endémica do sur e sueste de Madagascar.

Reservas: de luns a venres no teléfono 986 267 783 e os sábados e domingos de forma presencial

Máis

Hora

16 marzo, 2024 16:30 - 18:30(GMT+01:00)

Localización

Vigo Nature

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

Other Events