Este é un evento repetitivo21 xullo, 2023 11:30
Actividades infantís todo o verán no Museo do Mar: Un paseo polo mar
Detalles do eventos
Programación lúdica e didáctica durante xullo e agosto no Museo do Mar Programa: Martes ás 11:30h
Detalles do eventos
Programación lúdica e didáctica durante xullo e agosto no Museo do Mar
Programa:
Martes ás 11:30h – ACUARIO PARA PEQUENOS/AS
Visita temática – 30 minutos – De 3 a 6 anos
Visita para descubrir, dun xeito simple e adaptado, as diferentes especies que viven no tanque e algunha das súas características principais.
Mércores ás 11:30h – VIAXE Á PREHISTORIA
Obradoiro familiar – 45 minutos – De 5 a 8 anos
Visita para coñecer unha pequena parte da sala de arqueoloxía litoral de Galicia, nela viaxaremos á prehistoria a través dun conto, no que coñeceredes a Mariñona, unha nena que viviu nesta época e que mostrará como era o lugar onde ela viviu e como era a súa vida. Na segunda part da actividades os nenos realizarán un pote de barro.
Xoves ás 11:30h – GABINETE CIENTÍFICO: FÓSILES
Obradoiro familiar – 45 minutos – A partir de 8 anos
Que é un fósil? Como se forman? Estas e máis preguntas terán a súa resposta no gabinete científico. Observaremos diferentes fósiles para coñecer as características dalgúns dos seres vivos máis antigos do planeta. Para finalizar, traballarán na realización dunha copia dun fósil que poderán levar á casa.
Venres e domingo ás 11:30h + Martes a domingo ás 17:30h – UN PASEO POLO MAR
Obradoiro familiar – 45 minutos – A partir de 8 anos
Percorrido polas salas do museo para coñecer e descubrir a historia mariñeira de Galicia e a importancia do mar como recurso natural. Abordaranse as ciencias relacionadas co mar ao tempo que se ensinan marabillosas pezas do presente e o pasado.
Sábado ás 11:30h – TIBURÓN E RAIAS
Obradoiro familiar – 45 minutos – A partir de 6 anos
Obradoiro para coñecer curiosidades sobre as quenllas e as raias que habitan o acuario do Museo. Poderanse ver ovos de raia e quenlla, tocar pel de quenlla ou ver como son os dentes dalgunhas destas especies.
Entradas:
Imprescindible reserva previa no 986247750 ou en info.museodomar@xunta.es (as reservas por mail deben serconfirmadas polo museo). A reserva debe realizarse mínimo cun día de antelación. Horario de información e reservas: de martes a sábado, de11:00 a 14:00 h
Para participar deben pagar a entrada do museo:
Entrada xeral: 5€
Entrada reducida:3€. Menores de 9 a 18 anos, parados/as, estudantes, xubilados/as, peregrinos/as, familias numerosas (sempre que o acrediten) ,asociacións de tipo socioasistencial e grupos de máis de 10 persoas.
Gratis: menores ata 8 anos (inclusive).
Máis
Hora
14 xullo, 2023 11:30(GMT+02:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes