FAITE AMOVIDALOVER

12xul13:0020:00Actividades en VigoNaturePEQUECHOS | -13:00 - 20:00(GMT+02:00) Vigo Nature

Detalles do eventos

Como cada fin de semana, Vigo Nature organiza unha serie de actividades dirixidas fundamentalmente ás familias. A programación para o sábado 12 de xullo é a seguinte:

  • (13:00 h – 13:15 h) Alimentación de fauna: Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium, pódese observar a súa dieta e forma de alimentarse.
  • (17:00 h – 18:00 h) Camuflaxe animal.
  • (18:00 h- 19:00 h) Aves Irrecuperables: Actividade enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables.
  • (19:00 h – 20:00 h): PlantNet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imáxenes para axudar na identificación de plantas. Esta actividade consiste nunha visita polo parque na procura de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes.
  • (Desde as 17:00 h ata as 20:00 h, en turnos de 1h): Arborismo: Circuito de tirolinas con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e á rapazada de máis de 10 anos.

Hora

12 xullo, 2025 13:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Vigo Nature

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

Other Events