Actividades de Nadal no Centro de Visitantes Illas Atlánticas
Detalles do eventos
O Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia organiza unha serie de actividades durante o período de Nadal, do 20 de decembro ao
Detalles do eventos
O Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia organiza unha serie de actividades durante o período de Nadal, do 20 de decembro ao 9 de xaneiro.
Actividades diarias:
Espazo infantil: un lugar onde xogar aprendendo, ler un conto, crear outro adorno para a árbore de Nadal das illas, facer un quebracabezas, deixar o teu desexo para as illas (escribe un desexo, méteo na caixa e pide o teu agasallo no mostrador), pintar e colorear a nosa fauna e flora ou participar no obradoiro ‘Dalle un novo uso ás botellas’. Queres facelo ti coas túas mans?. So tes que dicirllo á persoa do mostrador para que te axude a confeccionar as falorpas de neve, monecos ou tragabolas.
Visitas autoguiadas: o Centro de Visitantes do Parque Nacional está deseñado para poder desfrutalo de xeito independente e autosuficiente con abondoso material interactivo e audiovisual, aínda que sempre estará presente o noso persoal para que consultes calquera dúbida ou inquedanza, solicitar folletos informativos, mapas e calquera outro material necesario.
Visitas guiadas familiares: se queredes realizar unha visita personalizada para grupos familiares, non tedes máis que solicitalo no mostrador onde vos atenderá o noso persoal e organizaremos así un percorrido para descubrir máis polo miúdo os segredos que agocha este lugar e interpretar así os valores dos diferentes arquipélagos que conforman o noso Parque Nacional.
Préstamo de libros e consulta: contamos cun servizo gratuíto de préstamo de libros e de consulta en sala. Só tes que preguntar na recepción.
Cine familiar: proxeccions de diferentes películas para todos os públicos.
*Para as sesións de cine, con aforo limitado, é necesaria a inscrición previa xa ben por teléfono: 886218082 ou correo electrónico: centrodevisitantes.iatlanticas@xunta.gal
Todas as actividades son de balde.
Días de apertura:
- Decembro 2021: Mércores 22, Xoves 23, Domingo 26, Luns 27, Martes 28, Mércores 29 e Xoves 30
- Xaneiro 2022: Domingo 2, Luns 3, Martes 4, Venres 7
Horarios:
- Mañá: 10:00-14:00 horas
- Tarde: 16:30-20:00 horas
Podes ver a programación completa por días aquí.
Máis
Hora
20 decembro, 2021 10:00 - 9 xaneiro, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Centro de Visitantes do Parque Nacional Illas Atlántilas
Rúa Oliva, 3, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes