Actividades Alameda + Festival de Música Clásica e Jazz
Detalles do eventos
O ciclo inclúe os concertos do Festival de Música Clásica e Jazz, mais incorpora outras alternativas para o público familiar e infantil, por exemplo o ilusionismo de Pedro
Detalles do eventos
O ciclo inclúe os concertos do Festival de Música Clásica e Jazz, mais incorpora outras alternativas para o público familiar e infantil, por exemplo o ilusionismo de Pedro Volta, encargado de abrir as actuacións este mércores, 15 de setembro, ás 20 horas. Tomarán o relevo o Vigo Ensemble (o xoves 16 ás 20:30 horas) e a Orquestra Vigo 430 (o venres 17, desde as 21 horas).
A Alameda acollerá dous eventos o sábado, 18 de setembro: en horario de mañá, ás 12 horas, “A saco circo” para os máis pequenos e, ás 21 horas, a música de Abe Rábade Trío. O domingo 19 será a xornada forte con cinco opcións para o público: un obradoiro de percusión ás 11 horas, seguido do concerto de percusión Odaiko ás 12:30 horas, unha segunda sesión do obradoiro de percusión ás 17 horas, concerto infantil de Abmiram Quarter ás 18 horas e, ás 20 horas, concerto de percusión Pelepau. A última das actuacións programadas polo Concello queda reservada para o luns, 20 de setembro, desde as 20 horas: o concerto de percusión Toompak.
Máis
Hora
15 setembro, 2021 20:00 - 20 setembro, 2021 20:00(GMT+01:00)
Localización
Praza Compostela
Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra
Séguenos nas redes