O evento xa tivo lugar!
Este é un evento repetitivo16 marzo, 2021 18:0018 marzo, 2021 18:00
Actividades 8M
17mar18:00Actividades 8MACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00)
Detalles do eventos
“Visibilizando a desigualdade. Reclamando os nosos dereitos” é o título escollido polo Consello Municipal da Muller para agrupar o programa de actos con motivo da conmemoración do 8
Detalles do eventos
“Visibilizando a desigualdade. Reclamando os nosos dereitos” é o título escollido polo Consello Municipal da Muller para agrupar o programa de actos con motivo da conmemoración do 8 de marzo e que este ano, seguindo as recomendacións sanitarias, desenvolveranse en liña a través de Youtube e Zoom. O programa arrinca coa celebración do Pleno virtual municipal da muller, que será retransmitido en aberto e en directo a través da canle de Youtube IgualdadeVigo a partir das 10.00h do 8 de marzo.
Xa de cheo nas xornadas, o martes 9 de marzo ás 17.15h Liliana Freijeiro, psicóloga e representante da Asociación FARAXA pola abolición da prostitución ofrecerá a presentación “A realidade da prostitución en Galicia. Unha aproximación dende Vigo”. A partir das 18.15 do mesmo día será o turno da Asociación MUDEGA e “Profesións do deporte. Somos as mulleres unha materia pendente?”. O mércores 10 Miguel Llorente, médico e ex Delegado do goberno para a violencia de xénero, falará a partir das 17.00h de “Violencia de xénero en tempos de pandemia: entre virus e maltratadores”. Ás 18.00h, Ana Ojea, profesora e responsable do programa de atención á diversidade no IES Politécnico de Vigo, emitirá a charla “Visibilidade das mulleres LBTIQ no ensino: percorrido imprescindible cara á igualdade” e a economista e activista Carme Castro intervirá ás 18.00h con “Avanzamos cara á corresponsabilidade?. O novo marco da lei de equiparación dos permisos por nacemento”. O terceiro e último día de xornadas contará coas intervencións “Os coidados, novos desafíos dende o feminismo”, pola politóloga Priscila T. Retamozo, a partir das 17.00h, e “Migrando ás fronteiras dixitais: prostitución 2.0”, pola escritora e documentalista Mabel Lozano, a partir das 18.00h.
Alén das charlas, o martes 16 de marzo está programada a Contada de igualdade Ernestina Otero, a cargo de Polo Correo do Vento. A actividade está pensada para nenas e nenos a partir de 4 anos e contará con intérprete en lingua de signos.
O mércores 17 de marzo, tamén a través de Zoom, María Casar realizará unha visita guiada á ruta en feminino “Sons de muller”, a partir das 18.00h e o xoves 18 a poeta Iolanda Zúñiga pechará a programación cun recital aberto de poesía con enfoque de xénero.
As persoas interesadas en incribirse nas xornadas formativas deben enviar o formulario específico de inscrición (en arquivo adxunto en formato editable) ao enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org. As persoas interesadas en inscribirse nalgunha das outras actividades (contacontos, visita guiada á ruta “Sons de Mulleres”, ou recital aberto de poesía de xénero) deben enviar o formulario específico desta inscrición (en arquivo adxunto en formato editable) ao enderezo electrónico: ofi.muller@vigo.org
Máis
Hora
17 marzo, 2021 18:00(GMT+01:00)
Detalles do evento virtual
RUN
Séguenos nas redes