
02dec18:30Acendido de Nadal no CC Gran VíaAS NOSAS FESTAS | De balde18:30 C.C. Gran Vía
Detalles do eventos
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo arrinca a tempada do Nadal co acendido da súa espectacular árbore de máis de 8metros de alto e de todas
Acendido de Nadal no CC Gran Vía
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo arrinca a tempada do Nadal co acendido da súa espectacular árbore de máis de 8
metros de alto e de todas as luces repartidas polas súas 3 plantas comerciais o xoves día 2 de decembro ás 18:30h na Planta 0.
Para este momento tan especial, contarase coa presenza de integrantes da Asociación Down Vigo e do grupo musical Skarajazz que porá a nota musical coa interpretación de cancións do Nadal de jazz, soul e blues.
A decoración do Nadal deste ano compóñena preto de 500 metros de luces Led, máis de 100 grilandas, máis de 800 metros de elementos do Nadal aéreos e árbores ambientais a xogo.
Ademáis, durante o mes de decembro, o centro comercial abrirá todas as súas tendas os domingos para mellorar a experiencia de visita dos seus clientes. Tamén ofrecerá accións diferenciais para toda a familia con máis de 6.000€ repartidos en premios, videochamadas con Papá Noel para que os cativos poidan pedir os seus agasallos e moitas sorpresas máis.
Actualmente, está activa a campaña de “Cada Neno un Xoguete”, impulsada pola Asociación Stop que se encarga de colleitar xoguetes para os máis pequenos. Gran Vía de Vigo é o único punto de recollida físico na cidade e sitúase no Punto de Atención ao Cliente, situado na Planta 0. Aceptaranse xoguetes ata o 23 de decembro, momento no que finaliza esta campaña solidaria.
Máis

(Xoves) 18:30
C.C. Gran Vía
Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra