Açaí Bossa Nova
19ago17:0022:00Açaí Bossa NovaCONCERTOS| 12.00 €17:00 - 22:00(GMT+02:00) Fundación Sales
Detalles do eventos
O vindeiro xoves 19 de agosto estará na Fundación Sales o Cuarteto Açaí, que reúne a catro experimentados músicos da escena do Jazz galego entorno a un proxecto
Detalles do eventos
O vindeiro xoves 19 de agosto estará na Fundación Sales o Cuarteto Açaí, que reúne a catro experimentados músicos da escena do Jazz galego entorno a un proxecto ideado para estudar e espallar o repertorio da música brasileira do século XX. A riqueza da música brasileira e a súa proximidade a o mundo do Jazz fan deste un proxecto musicalmente moi ambicioso e atractivo para os seus compoñentes . Nas súas primeiras grabacións revisaron temas de Toninho Horta, Chico Buarque e Antonio Carlos Jobim ou Milton Nascemento. A idea é abarcar un período amplo da música brasileira, dende Cartola ata Caetano Veloso, Djavan, Guinga ou Chico Pinheiro. A banda está composta polo cantante e multiinstrumentista Rubén Fernández, o guitarrista Felipe Villar, o contrabaixista cubano–galego Jose Manuel Díaz e o percusionista brasileiro-galego Paulo Silva.
O prezo da entrada inclúe unha consumición (auga, cervexa ou refresco).
Máis
Hora
19 agosto, 2021 17:00 - 22:00(GMT+02:00)
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes