13dec17:30Inauguración Faro CómicsACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:30(GMT+01:00) Faro Cómics
Detalles do eventos
Este sábado 13 de decembro, inagúrase na nosa cidade Faro Cómics, un espazo dedicado ao cómic, ao manga e que ofrece tamén unha coidada selección de libro infantil,
Detalles do eventos
Este sábado 13 de decembro, inagúrase na nosa cidade Faro Cómics, un espazo dedicado ao cómic, ao manga e que ofrece tamén unha coidada selección de libro infantil, fantasía e merchandising para todas as idades.
Emprazado na Avenida das Camelias a altura do número setenta, este novo local está pensado para quen le, para quen quere empezar e para quen busca unha historia que o acompañe. Un faro que ilumina universos de Europa, USA e Xapón, e que convida a descubrir novas voces, novas aventuras e novas formas de contar.
O evento de inaguración, aberto a todo o mundo, celébrase o mesmo sábado a partir das 17:30 h. Ao longo da tarde poderase coñecer o proxecto, explorar as diferentes rutas de lectura e gozar dun ambiente acolledor no que compartir recomendacións, conversar sobre series e autores, e mergullarse na maxia da banda deseñada. Ademais, todos os asistentes poderán participar nun sorteo que organizan para celebrar o inicio deste novo proxecto.
Os impulsores deste proxecto sinalan que “será un espazo aberto ao diálogo, á curiosidade e ao descubrimento, pensado para lectores e lectoras de todas as idades. Un encontro para celebrar a chegada dunha nova luz ao barrio e brindar pola apertura dunha libraría especializada que nace coa vontade de acompañar, orientar e inspirar.”
Hora
13 decembro, 2025 17:30(GMT+01:00)
Localización
Faro Cómics
Avenida das Camelias, 70
Hoxe móvese



