ORQUESTRA CLÁSICA

07ago22:00Abraham Mateo é a décima confirmación para os concertos de CastrelosCONCERTOS | De balde22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O cantante gaditano Abraham Mateo actuará o 7 de agosto no auditorio de Castrelos, dentro da programación municial Vigo en Festas. O músico nado en San Fernando (Cádiz) comezou moi novo na música, alcanzando o éxito aos 14 anos co tema ‘Señorita’ en 2012. Desde aquelas continuou creando unha carreira baseada no pop e na música latina e urbana.

Abraham Mateo acumula máis de 15 millóns de seguidores en todas as súas redes sociais e plataformas dixitais. Destaca nos ámbitos da composición, a interpretación, o canto, o baile e a produción musical a nivel internacional. O artista sitúase como unha estrela viral nos mercados da música española e latina, con máis de 1.300 millóns de reproducións en YouTube. Ademais, converteuse nun fenómeno influente entre as tendencias da mocidade hispana.

Programación provisional de Castrelos:

  • 2 de xullo – Deep Purple
  • 18 de xullo – Coral Casablanca
  • 24 de xullo – Ópera Carmen
  • 30 de xullo – Chayanne
  • 1 de agosto – Noite de zarzuela
  • 7 de agosto – Abraham Mateo
  • 9 de agosto – Ópera Nabucco
  • 11 de agosto – The Corrs
  • 14 de agosto – Viva Suecia
  • 15 de agosto – Iván Ferreiro

Hora

7 agosto, 2026 22:00(GMT+02:00)