Abraham Cupeiro, o arqueólogo musical en busca do son perdido
Detalles do eventos
27 xaneiro 2024 – 18.30 h. e 20.30 h. ‘Resoando no pasado’ é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos
Detalles do eventos
27 xaneiro 2024 – 18.30 h. e 20.30 h.
‘Resoando no pasado’ é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos. Abraham Cupeiro guíanos neste percorrido botando man da súa enorme colección de instrumentos milenarios.
Faino con moito humor e a pedagoxía de quen coñece os instrumentos de arriba a abaixo. E é que Abraham Cupeiro construiu el mesmo algúns como o Karnix ou o Cornu, reconstruído a partir duns planos atopados en Pompeia.
‘Resoando no pasado’ non é un concerto nin tampouco un monólogo, mais combinando elementos do músico e o contador de historias crea un espectáculo fascinante no que descubrir un pouco máis do ser humano por medio das músicas creadas ao longo dos anos.
Máis
Hora
27 xaneiro, 2024 18:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
Séguenos nas redes