27xan20:30Abraham CupeiroCONCERTOS | Desde 15,00€20:30(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación
Detalles do eventos
27 xaneiro 2024 – 18.30 h. e 20.30 h. ‘Resoando no pasado’ é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos
Detalles do eventos
27 xaneiro 2024 – 18.30 h. e 20.30 h.
‘Resoando no pasado’ é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos. Abraham Cupeiro guíanos neste percorrido botando man da súa enorme colección de instrumentos milenarios.
Faino con moito humor e a pedagoxía de quen coñece os instrumentos de arriba a abaixo. E é que Abraham Cupeiro construiu el mesmo algúns como o Karnix ou o Cornu, reconstruído a partir duns planos atopados en Pompeia.
‘Resoando no pasado’ non é un concerto nin tampouco un monólogo, mais combinando elementos do músico e o contador de historias crea un espectáculo fascinante no que descubrir un pouco máis do ser humano por medio das músicas creadas ao longo dos anos.
Hora
27 xaneiro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
setembro




