>
06xuñ22:30Noites AstronómicasACTIVIDADES PARA O COCO | 6,00 €22:30(GMT+02:00)
Detalles do eventos
O Concello organiza este verán unha nova edición do programa divulgativo Noites Astronómicas para achegar a observación do ceo a toda a familia. Haberá catorce sesións nas noites
Detalles do eventos
O Concello organiza este verán unha nova edición do programa divulgativo Noites Astronómicas para achegar a observación do ceo a toda a familia. Haberá catorce sesións nas noites de verán, entre xuño e setembro.
Trátase dunha actividade divulgativa pensada para achegarse á observación do ceo a través de sesións con guías astronómicos, aprendendo o manexo de instrumentos como o telescopio e os prismáticos, con explicación da traxectoria dos astros, observacións do ceo, da lúa e con contidos adaptados a todos os públicos: adultos e nenos e nenas a partir de 8 anos.
As Noites Astronómicas de VigoNature prevén 14 sesións este verán: en xuño os días 6, 18 e 20; en xullo os días 4, 8, 11, 15 e 18; en agosto os días 5, 8, 15 e 19 e en setembro os días 5 e 12.
Desenvolveranse en grupos reducidos de 25 persoas e para participar debe facerse unha inscrición previa na web www.vigonature.es. O prezo da actividade é de seis euros por participante.
Hora
6 xuño, 2026 22:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
xuño



