>

11out10:0018:30I Encontro de PatchworkARTE E MUSEOS | De balde10:00 - 18:30(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O Centro Comercial Camelias celebra o primeiro Encontro de Patchwork coa especialista viguesa Auri Costas. Trátase dunha cita que converterá o centro nun espazo de creatividade textil, aberto a todos os públicos.

Desde as 10:00 h, a Planta Alta acollerá a afeccionados e curiosos desta técnica artesá que combina telas e cores para crear pezas únicas. Ademais, a xornada contará con dous talleres prácticos na Planta Baixa, un ás 12:00 e outro ás 17:30 h, pensados para que os participantes podan aprender, experimentar e descubrir o mundo do patchwork da man de profesionais de renome (como é o caso de Auri Costas).

Así, o CC Camelias non só amplía a súa programación cultural e de ocio senón que, tamén, aposta por actividades que fomentan a creatividade, a aprendizaxe e o encontro entre xeracións.

Inscricións e máis información premendo aquí.

Hora

11 outubro, 2025 10:00 - 18:30(GMT+02:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events