REVISTA FEBREIRO

15feb12:00Subida ao CastroACTIVIDADES DEPORTIVAS | 10,00 €12:00(GMT+01:00) Peirao do Náutico

Detalles do eventos

Coa chegada do novo ano, chega tamén o momento de poñerse novos retos. Vigo e os seus arredores acollen carreiras para todos os públicos, desde esixentes probas de montaña a carreiras para toda a familia, pasando por dúas medias maratóns.

O circuíto RunRunVigo, formado por doce carreiras en diferentes puntos da cidade, arranca o domingo 15 de febreiro coa Subida ao Castro, a máis breves pero unha das máis esixente debido ao seu desnivel.

CATEGORÍAS

Sub 8, 2019-2020

Sub 10, 2017-2018

Sub 12, 2015-2016

Sub 14, 2013-2014

Sub 16, 2011-2012

Sub20, 2007-2008-2009-2010

Masculino 1 – Feminina 1, 1987 ata 2006

Masculino 2 – Feminina 2, 1977 ata 1986

Masculino 3 – Feminina 3, 1967 ata 1976

Masculino 4 – Feminina 4, 1962 ata 1966

Masculino 5 – Feminina 5, 1961 ou anteriores

HORARIOS

Domingo 15 de febreiro

08:00 – 10:00 Recollida de dorsais e chip. Explanada do Náutico.

12:00 Subida ao Castro

13:00 Entrega de trofeos

CONDICIÓNS

  1. Singletrack Outdoor Sports organiza a SUBIDA AO CASTRO. Proba que se disputará o vindeiro 15 de febreiro de 2026.

  1. A proba celebrarase sobre un percorrido de 3000 metros balizado con cintas e conos, dende Montero Ríos ó Castelo de San Sebastián no Monte do Castro.

  1. A Carreira terá unha única saída para todas as categorías.

12:00 Homes e mulleres:

Percorrido de 3K.

  1. Será necesario un mínimo de 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.

  1. As inscricións realizaranse a través da páxina web do servizo de cronometraxe www.magmasports.es mediante pago con tarxeta de crédito.

As inscricións pecharanse o xoves 12 de febreiro. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do prazo marcado.

  1. O custo da inscrición é de 10 euros para todas as categorías excepto as sub-, que será de 5 euros.

  1. Os dorsais e chips entregaranse o domingo 15 de febreiro dende as 9 ata as 11 horas nas inmediacións da liña de saída.

  1. Coa entrega do dorsal e chip entregarase un agasallo conmemorativo.

  1. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.

  1. Premios. Todas as categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados.

  1. Avituallamento. Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de Meta.

  1. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo ao regulamento en vigor.

  1. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil.

Preme aquí para formalizar a inscrición

CALENDARIO DE CARREIRAS VIGO RUN RUN

15 de febreiro | Subida ao Castro 
1 de marzo | Calvario 5+5 
15 de marzo | 10 K de Teis 
12 de abril | Vig-Bay 
17 de maio | Praia de Samil 
31 de maio | Carreira da Cereixa 
Xuño | Nocturna Correndo por Vigo 
23 de xuño | Nocturna de San Xoán 
Outubro | VigoContra el Cáncer 
15 de novembro | La 21 Media Maratón 
29 de novembro | Carrera solidaria “Érguete e Corre”
Decembro | Milla de Vigo (antes Vigo +11)

Hora

15 febreiro, 2026 12:00(GMT+01:00)

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events