BIBOPALULA

15xuñ10:30Andaina solidaria do Maúxo contra o cancroACTIVIDADES DEPORTIVAS | 10,00 €10:30(GMT+02:00) Explanada da Capela San Sebastian de Fragoselo

Detalles do eventos

A Asociación Española Contra o Cancro organiza a III Andaina do Maúxo o domingo 15 de xuño ás 10:30 con saída desde a Capela de San Sebastián de Fragoselo (Subida de S. Sebastián 30, Coruxo). A ruta é de oito quilómetro e circular, apta para todos os públicos, con avituallamento líquido e sólido no quilómetro catro.

As inscricións poden facerse en liña (premendo aquí) ou presencialmente na sede da rúa Venezuela, 34. Podes inscribirte desde o19/03/2025 ás 13:00 ao 13/06/2025 ás 23:59 h.

Entrega de dorsais e camisetas na Asociación Española contra o Cancro en Vigo (Rúa Venezuela, 34 Baixo):

venres 13 de xuño de 8h a 14:30h.
sábado 14 de xuño de 10h a 14h.
domingo 15 de xuño na zona de saída da andaina de 8:30h a 10h.

Información sobre o Monte Maúxo (fonte: Concello de Vigo)

O Monte Maúxo separa o Val do Fragoso do Val Miñor,

A vexetación representativa da contorna está considerada como hábitat prioritario; a carrasqueira húmida atlántica. Esta caracterízase por ter comunidades vexetais que medran sobre solos pouco profundos, ácidos e pobres en nutrientes.

Entre as especies máis representativas de flora atopamos o toxo arnal (Ulex europaeus), o toxo gateño (Ulex minor), o rañalobos (Genista triacanthos), o carrasco macho (Calluna vulgaris) ou o carrasco femia (Erica cillaris).

A vexetación da acubillo, entre outras especies de fauna, a papuxa dos matos (Sylvia undata), o esgonzo común (Chalcides chalcides) ou a araña tigre (Argiope bruennichi).

Máis

Hora

15 xuño, 2025 10:30(GMT+02:00)

Localización

Explanada da Capela San Sebastian de Fragoselo

Subida de S. Sebastián, 30, 36330 Vigo, Pontevedra

Other Events