REVISTA FEBREIRO

25abr(abr 25)18:00Aberta a inscrición na segunda edición de Vigo Dance FestivalESPECTÁCULOS | -18:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O festival de danza Vigo Dance Festival celebrará dúas edicións en 2026 e xa ten as inscricións abertas ao grupos que desexen participar. Vigo Dance Festival contará con dúas edicións en 2026 no Auditorio Mar de Vigo; unha en primavera, os días 25 e 26 de abril, e outra en outono, os días 7 e 8 de novembro. Como novidade para este ano, Marta Díaz Almeida, organizadora do festival e fundadora de Coreomagazine, avanzou que “vai ser un festival máis participativo e inclusivo”, promovendo a participación espontánea do público.

O certame está organizado desde a asociación cultural Coreomagazine, que durante 12 anos celebraron VIKUL, un evento internacional de danza urbana. Desde 2025 o proxecto mudou para acoller máis estilos de danza e pasou a chamarse Vigo Dance Festival .O ano pasado participaron nel 1.500 bailaríns, integrantes de escolas e asociacións de danza. O obxectivo do festival é “dar espazo e visibilidade ás escolas e asociacións locais que non sempre teñen os medios para brillar”.

A inscrición é gratuíta e realízase a través do formulario dispoñible na web de Coreomagazine e nel deben indicarse aspectos como nome do grupo, asociación ou escola á que pertence e nome do espectáculo. Ademais deberá encadrarse dentro dunha das seguintes categorías por idades: infantil, xuvenil, adulpos e premium.

Hora

25 abril, 2026 18:00(GMT+02:00)