FAITE AMOVIDALOVER

04out10:00Aberta a inscrición da XII edición do Desafío Boot CampACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 26,00 €10:00(GMT+02:00) Praia de Samil

Detalles do eventos

Esta mañá abriuse o prazo de inscrición para a XII edición da carreira de obstáculos Desafío Boot Camp Vigo, a popular OCR de Samil, que este ano terá lugar o domingo 4 de outubro.

Ata o 12 de abril estará aberto un primeiro tramo de inscricións a prezo reducido, que se poden formalizar a través da web www.desafiobootcamp.es.

A proba contará cun percorrido de case sete quilómetros por area, monte e asfalto, no que os participantes deberán superar ata 35 obstáculos. Trátase dunha cita pensada para todos os públicos, coa categoría Popular Party, pero tamén para deportistas máis experimentados a través das modalidades Popular Competitiva Starter e Élite. Esta última é clasificatoria para o campionato do mundo OCR World Championship e puntuable para as ligas AOCO España e OCRA Galicia.

Os menores de entre 4 e 12 anos tamén poderán participar nun percorrido adaptado tanto en distancia como en dificultade dos obstáculos.

Ademais, a carreira inclúe un dorsal solidario, destinado integramente ao Proxecto CoRRRes, unha iniciativa de Diesemm para a reforestación do monte do Maúxo, en Coruxo.

Hora

4 outubro, 2026 10:00(GMT+02:00)