
Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple
Detalles do eventos
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) lanza un chamamento á participación social a unha semana da celebración da XI Carrera Solidaria ‘Eu Móvome pola
Detalles do eventos
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) lanza un chamamento á participación social a unha semana da celebración da XI Carrera Solidaria ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple’, que terá lugar o vindeiro domingo 29 de outubro ás 11:00 horas na alameda de Bouzas. Desde a asociación, pacientes e traballadores buscan aumentar o número de inscricións, que ata a data rolda as 800 persoas, cando o pasado ano chegou a superar as 1.500. É posible inscribirse ata este mércores 25 de outubro, a través da web de Magma Sports.
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple chama á participación social na nova edición da súa carreira solidaria, repetindo a fórmula tradicional da súa proba en modalidade presencial: dúas carreiras cronometradas de 5K e 10K e unha ‘andaina’ de 5K. Este ano, a asociación decidiu prescindir da modalidade virtual, posta en marcha en carreiras anteriores por mor da crise sanitaria da COVID-19, co fin de alcanzar a normalidade do evento deportivo e fomentar a participación social na alameda de Bouzas. A saída e a meta da XI Carrera Solidaria pola Escleroses Múltiple estarán situadas na Alameda Suárez Llanos e percorrerá as rúas Pescadores, Eduardo Cabello, Av. Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás A. Alonso; sumando unha distancia total de cinco quilómetros. A carreira, de carácter competitivo e cronometrada, contará con dúas modalidades opcionais: 5K (unha volta ao percorrido) e 10K (dúas voltas ao percorrido).
Ademais, o evento tamén ofrece unha ‘andaina’ de 5K sen límite de idade na que poderán participar menores acompañados dun adulto e todas aquelas persoas que opten por facer o percorrido andando.
Doutra banda, AVEMPO tamén habilitou un ‘Dorsal 0’ solidario para todas as persoas que, sen participar na carreira, queiran colaborar coa causa. Todos os fondos recadados en calquera das modalidades irán destinados ao mantemento dos servizos que a asociación ofrece na súa sede ás persoas con Esclerose Múltiple e os seus familiares.
Máis
Hora
29 outubro, 2023 11:00(GMT+01:00)
Localización
Praza Suárez Llanos, Bouzas
Alameda Suárez Llanos 36208 Vigo Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes