Abe Rábade & Virxilio da Silva – A Movida

maio, 2018

15mai22:00Abe Rábade & Virxilio da SilvaCONCERTO | 5,00 €22:00 La Casa de Arriba

Máis

Detalles do evento

ClubE trae a Casa de Arriba dous concertos moi especiais, primeiro desfrutaremos do dúo do pianista Abe Rábade co guitarrista Virxilio da Silva e na segunda parte uniranse o contrabaixista Alex Touceda e o baterista Iago Fernández para ofrecernos unha fantástica noite de Jazz.

Dous dos máis importantes músicos de jazz galegos e nacionais, o pianista Abe Rábade e o guitarrista Virxilio Da Silva farán unha homenaxe á colaboración histórica entre o pianista Bill Evans e o guitarrista Jim Hall, que deu lugar a dous álbums esenciais na historia de Jazz: “Undercurrent” e “Intermodulation”.

Abe Rábade (Santiago de Compostela, 1977) é un dos grandes pianistas do jazz nacional e un dos nosos músicos máis internacionais. Formado entre a Escola Estudio de Santiago e o prestixioso Berklee College of Music onde se graduou cum laude. En 2000 volveu a Santiago onde comezou a súa carreira como líder, a discografía do seu trío e a súa faceta didáctica. Abe Rábade é un dos grandes responsables da actual excelente xeración de músicos de Jazz galego, grazas ao seu traballo con Paco Charlin no Seminario Permanente de Pontevedra Jazz. Tamén é profesor de piano e composición na ESMAE de Oporto onde moitos músicos galegos obteñen o seu título de jazz. Autor dunha ampla, variada e premiada discografía, tamén é un habitual nos escenarios dos festivales e clubs máis prestixiosos do mundo.

Virxilio Da Silva (Portonovo, 1985) probablemente sexa xa unha das referencias da guitarra de jazz en Europa. Formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, a ESMAE de Porto e recibiu unha bolsa EUJAM para realizar un mestrado nas máis prestixiosas universidades europeas. Ten varias gravacións como líder e innumerables colaboracións como sideman tanto en álbumes como en xiras e festivais de todo o mundo. Poderíase dicir que Virxilio da Silva ten actuado en tódalas salas relevantes do norte de España, Francia, Portugal e Amsterdam, ben sexa cos seus proxectos de jazz máis tradicional, ou con aqueles outros máis progresivos como Virxilio Silva’s Juzz, cos que o jazz envólvese na vangarda pop, como ESD, ou directamente con Foxy Freire, no que se adentra absolutamente en rock psicodélico.

Na segunda parte do concerto uniranse dous músicos excepcionais, Iago Fernández acompañará na batería e Alex Touceda no baixo, para realizar un concerto a cuarteto que encantará ao público.

Hora

(Martes) 22:00

Lugar

La Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

X