ORQUESTRA CLÁSICA

14mar20:30ABE RÁBADE + RALE MICICCONCERTOS | DESDE 16,00 € 20:30(GMT+01:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

En ocasións, a programación dun concerto depende simplemente da posibilidade de reunir a dous grandes músicos no mesmo lugar e no mesmo momento.

O pianista galego Abe Rábade e o guitarrista serbio afincado en Nova York Rale Micic comparten desde hai anos unha profunda complicidade musical. Ambos desenvolveron carreiras internacionais de gran prestixio como intérpretes e compositores, cunha ampla discografía e colaboracións con algúns dos nomes máis relevantes do jazz contemporáneo.

Tocaron xuntos en escenarios tan emblemáticos como o Carnegie Hall de Nova York, e o seu encontro sobre o escenario reúne sensibilidade, un profundo coñecemento da linguaxe do jazz e unha extraordinaria capacidade para o diálogo musical.

Este concerto celébrase en sábado porque era a única data dispoñible para que ambos puidesen coincidir en Vitruvia. Unha oportunidade que non se podía deixar pasar.

Hora

14 marzo, 2026 20:30(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events