CONGRESO MAR >

04out20:30ABBEY ROAD: 'THE BEATLES TRIBUTE SHOW'CONCERTOS | Desde 25,82 €20:30(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Teatro Afundación acolle un concerto de Abbey Road, un dos mellores grupos tributo a The Beatles.

SINOPSE

Sobre o escenario, Abbey Road conseguen unha incrible fidelidade ás voces e son orixinais, e son capaces de recrear toda a música da discografía dos de Liverpool. Os seus concertos tamén destacan polos diferentes cambios de vestiario, feito á imaxe dos orixinais e de acordo coa época. Incluso os instrumentos utilizados son os mesmos que utilizaban John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr.

Os seus concertos son unha fascinante viaxe ao pasado e rememoran a música dunha banda que revolucionou os fundamentos da música moderna. Nos seus espectáculos podemos escoitar non só os grandes éxitos que deron fama ao grupo británico durante a primeira metade dos anos sesenta, senón tamén revivir aqueles himnos que os Beatles gravaron ata o 1970 e que nunca chegaron a tocar en directo. Cancións como “Love Me Do”, “She Loves You”, “I Want To Hold Your Hand”, “Help!”, “Yesterday”, “Penny Lane”, “Hey Jude”, “Let It Be” e moitas outras forman parte dun espectáculo para todas as idades, onde o público pode cantar e bailar unhas cancións que xa son universais e que forman parte do imaxinario musical de todo amante da música.

Pecha os ollos e sente os Beatles. Ábreos e revive aos Beatles!

ENTRADAS AQUÍ.

Hora

4 outubro, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events