ABBA Tribute – A Movida

decembro, 2018

29dec21:00ABBA TributeCONCERTO | Desde 29,00€21:00 Mar de Vigo

Máis

Detalles do evento

Mamma mia, aquí están de novo!

Ponte os teus pantalóns acampanados e os teus zapatos de plataforma e vai a gozar deste espectacular tributo a ABBA. Un show cegador que repasa as cancións que durante unha década coparon os primeiros postos nas listas de éxitos. Tras a súa esmagadora vitoria no festival de Eurovisión en 1974 con Waterloo, ABBA converteuse nun fenómeno global, encadeando un éxito tras outro: desde os ritmos que convidan a bailar de Mamma Mia, Honey e Take a Chanceon Me ata baladas amargas como Fernando e The Winner Takes It All.

Este espectacular show logra captar a esencia e o estilo tan característico do grupo sueco, de traxes extravagantes, unha posta en escena exuberante, voces cegadoras e harmonías espectaculares que convertían títulos como Money, Money, Money, Voulez- Vous e KnowingMe, Knowing You en temas universais da música pop.

Así que saca a túa Dancing Queen interior, grita Thank You for the Music e vai a celebrar que ABBA e as súas cancións están tan de moda hoxe en día como o estiveron no apoxeo dos pantalóns con abelorios e das botas prateadas.

Hora

(Sádado) 21:00

Lugar

Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

X