VIALIA
bannerPicnicSesions

ABBA Generation

28abr20:30ABBA GenerationCONCERTOS | Desde 28, 00€20:30(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Abborn é unha formación musical procedente de Eslovaquia que levan desde 1999 rendendo tributo ao mítico grupo sueco ABBA. O grupo percorreu máis de 50 países, entre os cales se atopa Suecia, país orixinario da mítica banda. A formación coida o son e as voces, e ofrecen un concerto en absoluto directo. Pero no show tamén se coida a estética con cambios de vestiario, réplicas dos orixinais que tan importancia tiveron na carreira musical de ABBA.

A países europeos como Francia, Alemaña, Irlanda, Polonia, Rusia, Portugal, Suecia ou España, sumaranse en 2023 outros como Estados Unidos, Canadá e Xapón. En grupo representa aos ‘compoñentes principais’, a través de artistas que lembran musical e vocalmente aos orixinais. Ademais de levar outros dous músicos acompañantes que completan unha formación de 6 artistas sobre o escenario. Durante case dúas horas de concerto soan os éxitos do mítico grupo sueco. Coa dirección musical de Donald Dokupel, reputado músico eslovaco, e a dirección artística de Helena Dokupelova, a formación ofrece un respectuoso show á lenda e a historia en torno ao grupo ABBA.

En 2023 xirarán con por España, Francia e Portugal co nome de ‘Abba Generation’, para seguir aumentando unha traxectoria dilatada que lles levou polos máis importantes escenarios do mundo. Será o venres 28 de abril cando o show pare en Vigo, concretamente ás 20:30 h no Teatro Afundación.

Entradas xa á venta.

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events