GFFF

aamigafea

10ago22:00aamigafeaCONCERTOS | 5,00€22:00

Detalles do eventos

aamigafea son fillas do seu tempo, delas nacen temas que, sendo aparentemente mundanos, revelan o universal co que calquera podería identificarse. Servíndose do pop electrónico e moita performance, reflexionan sobre as vicisitudes da vida posmoderna desde a perspectiva do outsider.

Musicalmente beben de estilos que van desde a cumbia, o reguetón ou a rancheira, todo envolvido no pop máis bailable. A través do selo houseoffea enriquecen e redondean o seu concepto colaborando con outros creadores usando soportes multidisciplinares.

“Ese grupo que empezas escoitando de forma irónica, pero que che acaba gustando de verdade. Excéntricas, peculiares no bo sentido, un despropósito. E iso non é molar pouco”.

Máis

Hora

(Xoves) 22:00

Localización

Plaff

Rúa Oliva, 8, 36202 Vigo, Pontevedra