REVISTA ABRIL

14mar21:00Lúa MosqueteraESPECTÁCULOS | 15,00 €21:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A artista Lúa Mosquetera (Miño, 1988), fai parada no Teatro García Barbón dentro da xira de presentación de ‘El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo’, Un novo espectáculo no que acompañada do músico Pablo Seijas, innova tamén en formato.

Artista multidisciplinar Graduada en Lingua e Literatura Galegas e campioa do Poetry Slam de Compostela en 2021. Tres poemarios publicados: “Rasrás”(2018), “Aunque seas rara y seas pájaro” (2020) e “Espíderman” (Galaxia, 2022) Este último inclúe o poema “Anorak de pel de caribú”, elixido como Mellor Poesía da Galiza 2021 polos Premios ARitmar.

O ano pasado publicou a súa primeira novela, “¡Yo vivo!” (La Moderna, 2022) e acaba de sacar o seu último poemario, de novo autoeditado. Ao longo destes anos desenvolveu unha carreira escénica independente facendo chegar ao público a súa poesía a través do spoken word. Participou en numerosos festivais e concertos con esta proposta arriscada e innovadora. “El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo” presenta a Lúa Mosquetera recitando poesía nunha xira de teatros. O protagonismo teno a forza da palabra e os temas tratados (feminismo, perda, precariedade económica, ansiedade, empoderamento). As palabras de Lúa irán acompañadas pola música en directo de Pablo Seijas (guitarra acústica, ukelele, piano), así como dalgunhas pezas visuais.

Este show non é nin pretencioso nin espartano. Pretende ser, simplemente, un paréntise. Para parar dentro deste vórtice que é a vida moderna e descubrir que a poesía reside, todo o tempo, nas pequenas cousas. Para entender, ao saír do teatro, que investir tempo en escoitar a Lúa, é investilo en escoitarnos a nós. Para non perdernos, nunca máis, ningún baile.

Máis

Hora

14 marzo, 2024 21:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events