A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo – A Movida

decembro, 2018

12dec21:00A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempoCONFERENCIA | De balde21:00 Mercado do Berbés

Máis

Detalles do evento

Esta conferencia está dentro do ciclo de charlas científicas ‘Falemos das Illas Cíes’ a través do cal poderemos coñecer dunha forma lúdica e divertida os valores naturais das illas.
A iniciativa é unha proposta do Concello de Vigo enmarcada dentro da candidatura ‘Illas Cíes Patrimonio da Humanidade’.

As conferencias terán lugar na praza da Constitución, o Mercado do Berbés e o Auditorio do Areal entre xullo e decembro e nelas participarán prestixiosos científicos que dunha maneira amena nos explicarán o tesouro que temos fronte as nosas costas.

O mércores 12 de decembro no Mercado do Berbés xornada de ciencia e cañas baixo o título “A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo” a cargo de Irene Alejo, profesora da Universidade de Vigo

Hora

(Mércores) 21:00

Lugar

Mercado do Berbés

Avenida de Beiramar, 59, 36202 Vigo, PO

X