A voar

01ago19:00A voarPEQUERRECHOS | De balde19:00(GMT+02:00) Torreiro de Matamá

Detalles do eventos

A orquestra pantasma Cé celebra encolaboración con No verán… un conto, o espectáculo divertido e dinámico A voar para os máis pequenos, no torreiro da festa de Matamá, enfronte do colexio Josefa Alonso.

Baseado no libro-disco A voar, cóntase e cántase a viaxe da pequena Xoana, unha xoaniña que movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará, amosándonos que só a través da cooperación seremos quen de a nosa vida mellorar.

A voar pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, nenos e nenas… a voar!!

Máis

Hora

(Domingo) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Torreiro de Matamá

Rúa de Manuel Cominges, 18, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events